Cambia de papel - Implicadas no desenvolvemento.
cambiaron de papel. Xa somos 180 implicad@s.

persoas cambiaron de papel
  xa somos 180 implicad@s

Únete  ao  voluntariado

En Implicadas temos unha fonda crenza na necesidade de que a sociedade civil sexa parte do cambio polo que loitamos e por iso somos unha organización de voluntariado: as nosas mans, o noso cerebro e o noso corazón son as voluntarias e voluntarios que traballan a cotío con ilusión, compromiso e sentido da responsabilidade.

O voluntariado de Implicadas traballa nas actividades que se realizan en Galicia. Iso que sabes facer, que che gusta, seguro que a nós nos fai falta. Dende coñecementos contables a deseño e edición, o equipo humano de Implicadas cambia cada día de papel.

Implicadas non envía persoal voluntario a traballar aos proxectos dos países do Sur.


Na actualidade, dispoñemos de grupos de voluntariado presencial en Vigo, Ferrol, Santiago, A Coruña e Lugo, pero sempre estamos abertas a establecer grupos en calquera vila, sen importar o seu tamaño. Tamén existen equipos virtuais que desenvolven tarefas moi diversas como tradución, maquetación e deseño gráfico, elaboración de documentos, audiovisuais, labores de prensa e comunicación, etc. dos que podes formar parte dende calquera lugar do mundo, sempre que dispoñas de conexión á Internet.

¿Sentes que a nosa filosofía é próxima a túa e queres compartir con nós o teu tempo e o teu traballo? Envíanos un correo a voluntariado@implicadas.com, poñerémonos en contacto contigo de contado.

| | |
Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com