Cambia de papel - Implicadas no desenvolvemento.
cambiaron de papel. Xa somos 180 implicad@s.

persoas cambiaron de papel
  xa somos 180 implicad@s

Fai  unha  doazón

Se queres colaborar economicamente pero neste momento prefires realizar unha doazón a asociarte, non tes máis que facer un ingreso na nosa conta, indicando a palabra "doazón" no concepto.
 
NOVA GALICIA BANCO: 2080 0531 81 3040010798
 
Tamén podes facer a túa achega a través de Paypal. Non precisas rexistrarte nin ter conta, só unha tarxeta bancaria. É totalmente seguro e non pagarás comisión ningunha pola túa doazón.


 QUE ACONTECE COA MIÑA CONTRIBUCIÓN?
Os cartos que se recollen mediante doazóns e as contribucións da base asociativa permítenos financiar de xeito o máis independente posible os nosos proxectos, tanto os de cooperación ao desenvolvemento no Sur, como os de formación, sensibilización e acción crítica en Galicia.
 
Ademais, todos os meses recibirás un boletín coas nosas actividades en Galicia e cada trimestre, información directa dos proxecto cos que colaboras, onde poderás comprobar en que se investiu a túa contribución.
 
As nosas contas son públicas, pódelas consultar nas memorias anuais, que atoparás na sección de arquivo da web principal e, en calquera momento, as/os socias/os poden poñerse en contacto con Implicadas para recibir información sobre os investimentos e gastos da organización.
| | |
Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com