Cambia de papel - Implicadas no desenvolvemento.
cambiaron de papel. Xa somos 180 implicad@s.

persoas cambiaron de papel
  xa somos 180 implicad@s

A  campaña

Presentación

mariposa voandoA grande maioría das persoas somos capaces de ver que o mundo está inzado de desigualdades e inxustizas. Moitas delas acontecen ao noso carón. A maioría, a unha escala aínda maior na que 1200 millóns de persoas, a maioría mulleres, viven nunha situación de pobreza extrema da que todas e todos somos partícipes. Escoitamos a miúdo que iso non vai con nós, ou que nada pode facerse.

Porén, cando nos paramos a reflexionar atopamos que as desigualdades e inxustizas tenden a estar interconectadas. Cando nos informamos, comprobamos como as medidas que pretenden “superar” unha crise no norte son as que levan alicerzando décadas a pobreza do Sur, ou que as empresas onde mercamos fan beneficios a costa da explotación de mulleres e nenas. Cando buscamos as solucións vemos que están en lugares nos que se cadra non pensaramos, como nas respostas que as mulleres do Sur dan a infinidade de problemas cada día.
Porque no día a día está a clave. En entender que a resposta non está en mirar e lamentarse senón en facer algo ao respecto. En IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO levamos dende 1998 facendo moito ao respecto. Dende Galicia, con transparencia e participación. Axudando a reflexionar, a informar, a actuar. A CAMBIAR.

Porque da desigualdade á xustiza hai só un paso, a vontade, CAMBIA DE PAPEL! Porque todos os xestos, grandes e pequenos, son fundamentais.

CAMBIA DE PAPEL é unha campaña que busca un mínimo de 50 novas socias/os e 20 voluntarias/os para sustentar o traballo da organización e con iso afianzar un cambio de imaxes e actitudes da cidadanía do Norte que axude a poñer en marcha alianzas coa cidadanía e en particular coas mulleres do Sur para a superación da inxustiza planetaria da que todas e todos facemos parte.
| | |
Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com