Cambia de papel - Implicadas no desenvolvemento.
cambiaron de papel. Xa somos 180 implicad@s.

persoas cambiaron de papel
  xa somos 180 implicad@s

A  campaña

Por que cambiar de papel

mariposa decorativaEn Implicadas cremos en moitas cousas. Cremos na procura da igualdade de xénero como base para o desenvolvemento humano perdurable. Cremos que cidadanía do Sur, e en concreto as mulleres, ten dereito a tomar decisións sobre as súas vidas. Cremos que a pobreza que asoballa a máis de 1200 millóns de persoas no mundo ten as súas raíces nas nosas sociedades. E, sobre todo, cremos que a loita contra a pobreza é un exercicio de responsabilidade da cidadanía do Norte. Traballamos por conseguir o cambio necesario para arrincar esas raíces da inxustiza, pero ata que chega ese momento, precisamos a independencia económica e as mans xenerosas que nos permitan facer o noso labor, seguir sendo independentes e fieis aos nosos principios e garantir a continuidade dos proxectos que promovemos coa nosa contraparte, PDI, que se ocupan de asegurar que o aquí e agora de milleiros de persoas poida ser máis xusto e mellor.

Se os proxectos de Implicadas fosen un tecido, sen dúbida serían tecidos mesturados: 50% liño galego e 50% seda india, la galega e algodón etíope. Serían tamén un tecido con moito entramado, porque son moitos os fíos que se entrecruzan para compoñelos: as ideas, iniciativas e necesidades da comunidade beneficiaria; a valiosa experiencia, saber facer e traballo das nosas contrapartes e tamén, como non, o noso apoio económico, de planificación e seguimento. Uns fíos que, entrelazados, constitúen un tecido forte, resistente e duradeiro, porque así son os proxectos de Implicadas: baseados na sustentabilidade e na autoxestión das comunidades, para non crear dependencias, para garantir a súa perdurabilidade e, sobre todo, para dar unha resposta axeitada ás necesidades que expresen as comunidades do Sur. Pero sobre todo, os nosos proxectos baséanse no enfoque de xénero, o cal implica unha política activa de superación da discriminación das mulleres e de facer oír a voz da metade da humanidade que, por razóns de xénero, seguimos constituíndo a maioría das persoas pobres do mundo.

Se queres coñecelos máis polo miúdo, analizar os datos e poñer cara a algunhas das persoas coas que traballamos no Sur, achégate á nosa web principal. Alí atoparás toda a información que precises para decidirte a cambiar de papel.
| | |
Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com