Cambia de papel - Implicadas no desenvolvemento.
cambiaron de papel. Xa somos 180 implicad@s.

persoas cambiaron de papel
  xa somos 180 implicad@s

Xa  cambiaron  de  papel

Manuela Vázquez

manuela vázquezLicenciada en INEF e
mestra de educación física
Coordinadora do grupo de A Coruña


Cambiei de papel porque despois de facer o Vanakkam e viaxar á India sentía a necesidade e a débeda de seguir en contacto con Implicadas.

Aportar o meu granciño de area, aínda que sexa minúsculo, é o mínimo co que podo contribuir para seguir loitando contra os estereotipos que as comunidades do Norte teñen sobre as do Sur, para non quedar de brazos cruzados esperando a que outros/as fagan, para que os proxectos que hai en marcha cheguen debidamente ao seu fin e para apoiar aqueles outros que nacerán, para sensibilizar, concienciar e loitar colectivamente (sobre todo se é ao lado deste gran equipo humano co que te atopas en Implicadas) contra as inxustizas, contra as desigualdades de xénero e a favor dos dereitos humanos.

Estas non son as únicas razóns polas que estou en Implicadas e podería escribir 200 pero para resumir dicir que é porque CREO en IMPLICADAS, no seu labor e na súa xente.

Estarei eternamente agradecida a quen me falou de Implicadas por primeira vez porque fixo que chegase a formar parte desta organización, e isto é algo moi grande. Hoxe son eu quen falo de Implicadas, e dígovos: Implicádevos!
| | |
Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com