Cambia de papel - Implicadas no desenvolvemento.
cambiaron de papel. Xa somos 180 implicad@s.

persoas cambiaron de papel
  xa somos 180 implicad@s

Xa  cambiaron  de  papel

Noelia Rodríguez

noelia rodriguezTécnica de laboratorio
Voluntaria virtual de Implicadas


Implicadas... o mesmo nome nos dá unha pista do que significa formar parte desta organización. Síntome máis que implicada coa situación da muller na sociedade actual, co que debemos facer para cambiar o punto de vista respecto ás diferenzas de xénero que sufrimos cada día, con todas as nenas que morren en Salem polo simple feito de ser iso: nenas. Creo que é fundamental cambiar esta situación, e sinto que traballando con Implicadas o cambio é posible.

Decidín cambiar de papel e ser voluntaria na organización grazas a unha gran amiga, que me foi mostrando o traballo que fan, abreume os ollos respecto de cousas que a veces pasan desapercibidas no noso día a día. E non podo estarlle máis agradecida porque grazas a iso coñecín a persoas marabillosas, vivín experiencias moi gratificantes, e as que aínda quedan. Ser voluntaria de Implicadas é máis que "colaborar cunha causa", é formar parte dela, e por iso animo a todas/os as/o que teñan dúbidas a que cambien de papel e sexan una Implicada máis.
| | |
Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com