Cambia de papel - Implicadas no desenvolvemento.
cambiaron de papel. Xa somos 180 implicad@s.

persoas cambiaron de papel
  xa somos 180 implicad@s

Xa  cambiaron  de  papel

María José Meilán

maría josé meilánMestra
Vicepresidenta de Implicadas e voluntaria dende 1998


Son voluntaria de Implicadas dende a súa formación no ano 1998.

Ser voluntaria de Implicadas significa, para min, unha forma coherente e activa de participar na sociedade facendo realidade os principios nos que creo e polos que penso que paga a pena esforzarse: a xustiza para todos, a igualdade como principio básico da convivencia, especialmente no caso das mulleres, o traballo man a man, aquí e nos países nos que desenvolvemos os nosos proxectos de cooperación .

A través de Implicadas puiden a mirar a vida con outros ollos, os das mulleres indias e etíopes. Isto supuxo, para min, un cambio vital e permanente.

En Implicadas aprendín que outro mundo é posible; as miñas compañeiras de Galicia, de India e Etiopía demóstranmo paso a paso, por iso o desalento non ten cabida malia as dificultades.

Implicadas me da posibilidade de traballar no que creo, de formarme e de atopar un grupo de mulleres galegas, coas que comparto ideas, traballo, pero tamén risas e ledicia. Implicadas cambiou a miña forma de interpretar o mundo e abriume portas que de outro xeito nunca serian abertas.

Síntome orgullosa de estar en Implicadas.
| | |
Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com