Cambia de papel - Implicadas no desenvolvemento.
cambiaron de papel. Xa somos 180 implicad@s.

persoas cambiaron de papel
  xa somos 180 implicad@s

Xa  cambiaron  de  papel

Blanca Rodríguez

blanca rodriguezTradutora
Coordinadora do equipo virtual de
tradución e voluntaria dende 2000


Resumir 12 anos en Implicadas levaríame moito máis de 12 palabras ou de 12 liñas, porque esa década longa significa máis dun terzo da miña vida. Entrei buscando a oportunidade de achegar o meu hombreiro a ese labor inxente de cambiar o mundo e atopei moito máis. Por descontado, Implicadas namoroume pola súa filosofía, pola eficacia coa que se xestiona o traballo alá e aquí e porque aquí se fan as cousas como, ao meu entender, se teñen que facer. Pero o que en realidade me fai sentir orgullosa de chamarme implicada é o equipo humano que compón a organización. Non esaxero nin chisco ao dicir que, sen dúbida ningunha, máis das tres cuartas partes das mellores persoas que pasaron pola miña vida, fixérono a través de Implicadas.

En 12 anos levamos sustos, satisfaccións, desgustos, présas, ledicias, sorpresas e eu qué sei qué máis, pero do que non me cabe dúbida é de que, pasado o tempo, o que máis levo é o corazón ben cheo de amizade e calor humano.
| | |
Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com