Cambia de papel - Implicadas no desenvolvemento.
cambiaron de papel. Xa somos 180 implicad@s.

persoas cambiaron de papel
  xa somos 180 implicad@s

Xa  cambiaron  de  papel

Andrea Comesaña

andrea comesañaTradutora
Voluntaria de tradución de Implicadas


Levo case dous anos traducindo para Implicadas. A actividade foi e continúa sendo preciosa, moi gratificante, cunha grande colaboración entre todas/os as/os compañeiras/os, así como un seguimiento excelente por parte das coordinadoras. Animo a que máis tradutoras/es poñan o seu gran de area neste proxecto e ofrezan parte do seu tempo a esta causa, que tanto merece e tanto consegue.

Cada día máis, Implicadas recorre oídos e bocas en toda España e se extende polos continentes. Un proxecto creado en Galicia e que observa con satisfacción como os seus froitos florecen intensamente da man das voluntarias, socias, axudantes, coordinadoras, etc.

Se che apetece mellorar un pouco a túa vida e facer algo que marque a diferenza, nn o penses e colabora con Implicadas. Non importa se vives lonxe: é posible colaborar dende a casa e pola rede, como é o caso da tradución. Anímate e pregunta na asociación, indicaranche que podes facer para seguir con esta actividade tan bonita.
| | |
Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com