Cambia de papel - Implicadas no desenvolvemento.
cambiaron de papel. Xa somos 180 implicad@s.

persoas cambiaron de papel
  xa somos 180 implicad@s

Xa  cambiaron  de  papel

Eva de la Torre Conde

Grupo Virtual de Documentos

Que porqué me fixen voluntaria de Implicadas?

Pois porque vin nelas colorido esperanzador con nome de muller, vontade de transformación nos países do sur a través do amor que profesarmos a esta nosa matria, porque vin que aquelo de "a unión fai a forza" materializábase en proxectos palpábeis a través de voluntarias, socias e artistas de toda índole...Porque me namorou dalgún xeito...Un cúmulo de motivos...Non sei explicalo moi ben...

Ás veces exprésome mellor en verso:
 
CIRCES E PENÉLOPES
Estereotipos míticos
os das mulleres
que viaxaron a través dos tempos
como representación
dunha realidade palpábel noutro tempo.
Ese mesmo que agora
cada unha de nós queremos/debemos mudar,
sendo, de primeira man, Implicadas.
| | |
Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com