Cambia de papel - Implicadas no desenvolvemento.
cambiaron de papel. Xa somos 180 implicad@s.

persoas cambiaron de papel
  xa somos 180 implicad@s

Calendario

Marcos Abalde Covelo e Valeria Pereiras gañan o I Certame de Artigos Xornalísticos ‘Cambia de Papel’

Dende o 30 de maio de 2012 ata o 31 de maio de 2012

O xurado agradécelles, xunto a Implicadas/os no Desenvolvemento, a todas/os autoras/es a súa participación e que “a convocatoria do certame cumpre os seus obxectivos de promover unha actitude crítica co que ocorre no Norte para que repercuta no Sur”.

O xurado do I Certame de Artigos Xornalísticos ‘Cambia de Papel’ reuniuse o luns, 28 de maio, para decidir os artigos gañadores deste concurso, ao que se presentaron 9 traballos, e decidiu concederlle os premios a:

-Marcos Abalde, na categoría de artigos inéditos, polo traballo titulado Sumak Kawsay, unha utopía para o S.XXI. O premio está dotado con 500 euros e a publicación do artigo nos xornáis dixitais Sermos Galiza, Praza Pública, Dioivo e Galicia Confidencial.

-Valeria Pereiras, na categoría de artigos publicados, polo traballo titulado Reconstruíndo a Sherezade, publicado orixinariamente no blog agaresoseminario.blogspot.com.es. O premio está dotado con 300 euros.

Xurado
O xurado do I Certame de Artigos Xornalísticos ‘Cambia de Papel’, promovido pola ONG Implicadas/os no Desenvolvemento, estivo composto por Ana Belén Puñal Rama, xornalista e investigadora en comunicación e xénero; Carme Vidal, directora de Sermos Galiza; Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexión Profesional de Xornalistas de Galicia, e Lucía López Bayo, xornalista e ex xefa de Opinión de Xornal de Galicia.

Obxectivo
Os obxectivos do certame son promover a capacidade crítica, de análise, sobre a cooperación ao desenvolvemento. O tema do certame é o necesario cambio de papel da sociedade do Norte para erradicar a pobreza e a desigualdade nos países do Sur dende unha perspectiva de xénero.
Esta acción enmárcase na campaña ‘Cambia de Papel, promovida por Implicadas e que pretende afianzar un cambio de imaxes e actitudes da cidadanía do Norte que axude a poñer en marcha alianzas coa cidadanía e en particular coas mulleres do Sur para a superación da inxustiza planetaria da que todas e todos facemos parte.
 
| | |
 
        Listado de eventos        Ver seguinte evento >>
Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com