Cambia de papel - Implicadas no desenvolvemento.
cambiaron de papel. Xa somos 180 implicad@s.

persoas cambiaron de papel
  xa somos 180 implicad@s

Calendario

Presentación da campaña en Santiago

Venres, 23 de marzo de 2012

A campaña Cambia de papel arranca a súa andaina cunha presentación moi especial na Praza de Cervantes de Santiago, na que contaremos con artistas de sona e moitas sorpresas.

Neste acto de lanzamento da campaña presentaranse os seus obxectivos, as novas actividades que terán lugar nos vindeiros meses en distintas localidades de Galicia, a web da campaña e o calendario de accións.

Tamén dende as 18:30h., a presentación seguirá nas rúas de Santiago de Compostela, onde diversas personalidades do mundo da cultura galega (Isabel Risco, Celso Parada, Coro da Rá, Pedro Brandariz, Mónica de Nut Trío, Diana Sieira...) se unirán a Implicadas ofrecendo unha serie de mini-espectáculos en distintos puntos da zona centro, amosando que da desigualdade á xustiza hai só un paso, a vontade, e cambiando dun papel pasivo a un papel activo na loita pola xustiza e a igualdade.

Ao longo da tarde sortearase un lote de produtos de Implicadas entre as persoas que asistan ás distintas actuacións. Para iso, cada artista estará acompañada/o dunha voluntaria de Implicadas que repartirá un ticket entre as/os asistentes. Implicadas instalará unha mesa de información e venda na Praza de Cervantes a partir das 19:00h., na que estará presente o voluntariado para atender a quen se achegue a coñecer máis sobre a campaña. Será entón cando teña lugar o sorteo entre as persoas asistentes aos espectáculos.
| | |
 
<< Ver anterior evento        Listado de eventos        
Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com