Cambia de papel - Implicadas no desenvolvemento.
cambiaron de papel. Xa somos 180 implicad@s.

persoas cambiaron de papel
  xa somos 180 implicad@s

Calendario

Concerto solidario para cambiar de papel con \"Sés\"

Mércores, 18 de abril de 2012

O 18 de abril poderedes gozar da música en directo co concerto solidario de María Xosé Silvar “Sés” e Tito José Calviño. O acto terá lugar na Sala Sonar (Rúa Mazarelos 4-5), en Compostela, ás 23.30 horas.

O prezo deste concerto é a 8 €. @s artistas colaboran de xeito totalmente desinteresado, xa que toda a recadación da venda das entradas é para os proxectos de Implicadas na India.
Este evento enmárcase na campaña Cambia de papel, que busca un mínimo de 50 novas socias/os e 20 voluntarias/os para sustentar o traballo da organización e con iso afianzar un cambio de imaxes e actitudes da cidadanía do Norte que axude a poñer en marcha alianzas coa cidadanía e en particular coas mulleres do Sur para a superación da inxustiza planetaria da que todas e todos facemos parte..
 
| | |
 
<< Ver anterior evento        Listado de eventos        Ver seguinte evento >>
Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com