Cambia de papel - Implicadas no desenvolvemento.
cambiaron de papel. Xa somos 180 implicad@s.

persoas cambiaron de papel
  xa somos 180 implicad@s

Calendario

Implicadas convoca o Certame de artigos xornalísticos Cambia de Papel

Dende o 18 de abril de 2012 ata o 30 de maio de 2012

A ONG convoca o Certame Xornalístico ‘Cambia de Papel’, no que poden participar todas as persoas que o desexen cun artigo de opinión inédito escrito en galego e/ou un artigo, tamén en galego, xa publicado nalgún xornal impreso ou dixital. O tema para o certame é o necesario cambio de papel da sociedade do Norte para erradicar a pobreza e a desigualdade nos países do Sur dende unha perspectiva de xénero. O prazo para enviar os artigos remata o día 15 de maio.

 BASES DO CERTAME:
1.- Obxecto do certame: Premiar a capacidade crítica, de análise e redacción en artigos xornalísticos sobre cooperación ao desenvolvemento, elaborados dende un enfoque de xénero.
O tema para o certame é o necesario cambio de papel da sociedade do Norte para erradicar a pobreza e a desigualdade nos países do Sur dende unha perspectiva de xénero. Diferéncianse dúas categorías:
 
  • A) Artigos inéditos: Artigos inéditos e orixinais, escritos en galego. Os textos remitidos non terán sido publicados con anterioridade. Cada participante será responsable do contido do seu artigo. Os artigos deben ter unha extensión de 2.500 carácteres con espazos, escritos en papel DIN A4 por unha soa cara. O artigo deberá ir titulado.
  • B) Artigos xa publicados: Artigos xa publicados en diarios impresos ou dixitais entre o 1 de xaneiro de 2011 ata o 14 de maio 2012, ambos inclusive, en lingua galega. As candidaturas poderán ser presentadas por calquera medio de comunicación, asociación, centro cultural, institución, personalidade, ou pola propia/o interesada/o.

2.- Premios: Outorgaranse 2 premios, un por cada modalidade do concurso.
  • Na categría A- Artigos inéditos: entregarase un premio de 500 euros, un diploma acreditativo e a publicación do artigo en varios xornais galegos, os cales colaboran con este certame.
  • Na categoría B- Artigos xa publicados: entregarase un premio de 300€ e un diploma acreditativo ao autor.
O fallo do xurado farase público no site www.cambiadepapel.com o 30 de maio.
A/o autor/a do texto premiado na categoría A cederá á organización os dereitos de exhibición e reprodución da obra.

3.- Condicións: Poderán participar todas as persoas físicas maiores de 18 anos.

4.- Inscrición e participación.

Na categoría A.- Os traballos presentaranse por cuadriplicado nun sobre grande pechado. Neste sobre non poderá figurar o nome do/a autor/a. Dentro deste sobre incluirase un sobre pequeno pechado, que levará escrito por fóra o título do artigo e conterá unha fotocopia do DNI do/a autor/a e o seu número de teléfono.

Na categoría B.- Os traballos presentaranse por cuadriplicado nun sobre grande pechado. Deberanse incluir os datos de contacto da/o autor/a.

Os traballos enviaranse por correo postal a:
Implicadas no Desenvolvemento
Certame de artigos xornalísticos “Cambia de Papel”
Avda. Camelias nº 49, escaleira
36211, Vigo


O prazo para o envío dos traballos comezará o vindeiro 1 de maio, e rematará o 15 de maio ás 23:59 h. A organización non admitirá a concurso ningún traballo enviado fóra deste prazo.

5.- Dereitos sobre os artigos presentados na categoría A- Artigos inéditos:
A/o participante manifesta e garante que é a/o única/o autor/a do texto e titular de todos os dereitos de propiedade intelectual sobre este.
Co fin de poder levar a cabo a difusión deste concurso, todas/os as/os participantes cederán a Implicadas no Desenvolvemento, de forma gratuíta e con exclusividade, os dereitos de reprodución dos traballos presentados. A cesión destes dereitos quedará circunscrita unicamente ao ámbito do concurso e a unha posible publicación posterior.
As/os ganadoras/es dan o seu consentimento para que o seu nome apareza nos posibles materiais de difusión elaborados por Implicadas no Desenvolvemento.
A/O participante será a/o única/o responsable legal ante calquera controversia que poida xurdir por incumprimento da lei respecto dos dereitos de autoría polo uso de imaxes preexistentes.

6.- Xurado. 

Implicadas no Desenvolvemento nomeará a un xurado formado por persoas procedentes de campos como o xornalismo e/ou o mundo editorial. A decisión do comité e do xurado será inapelable, ata no caso de que os premios se declaren desertos.

7.- Protección de datos de carácter persoal. Os datos obtidos a través da participación no certame xornalístico serán tratados de conformidade coas bases do concurso, e en ningún caso serán comunicados ou cedidos a terceiros. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos persoais remitidos formarán parte dun ficheiro rexistrado na Axencia Española de Protección de responsabilidade de Implicadas no Desenvolvemento, a fin de xestionar correctamente a participación no certame e cumprir co recollido nas presentes bases.
O exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición levaranse a cabo conforme á normativa vixente, dirixíndose por escrito a Implicadas no Desenvolvemento, Certame de artigos xornalísticos “Cambia de Papel”, Avda. Camelias nº 49, escaleira, 36211, Vigo.

8.- Aceptación das Bases: As/os participantes, polo mero feito de participar no concurso, aceptan todas e cada unha das bases do mesmo.
| | |
 
<< Ver anterior evento        Listado de eventos        Ver seguinte evento >>
Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com