Cambia de papel - Implicadas no desenvolvemento.
cambiaron de papel. Xa somos 180 implicad@s.

persoas cambiaron de papel
  xa somos 180 implicad@s

Calendario
6 eventos - páxina 1 de 21 2 seguintes »

Marcos Abalde Covelo e Valeria Pereiras gañan o I Certame de Artigos Xornalísticos ‘Cambia de Papel’

Dende o 30 de maio de 2012 ata o 31 de maio de 2012

O xurado agradécelles, xunto a Implicadas/os no Desenvolvemento, a todas/os autoras/es a súa participación e que “a convocatoria do certame cumpre os seus obxectivos de promover unha actitude crítica co que ocorre no Norte para que repercuta no Sur”.


Corre con Implicadas: I carreira solidaria en Santiago

Sábado, 26 de maio de 2012

No marco da campaña Cambia de Papel, celebrarase en Santiago unha carreira solidaria aberta ao público en xeral e a atletas federados para demostrar que se pode cambiar de actitude e ter un papel máis activo na sociedade.


Implicadas convoca o Certame de artigos xornalísticos Cambia de Papel

Dende o 18 de abril de 2012 ata o 30 de maio de 2012

A ONG convoca o Certame Xornalístico ‘Cambia de Papel’, no que poden participar todas as persoas que o desexen cun artigo de opinión inédito escrito en galego e/ou un artigo, tamén en galego, xa publicado nalgún xornal impreso ou dixital. O tema para o certame é o necesario cambio de papel da sociedade do Norte para erradicar a pobreza e a desigualdade nos países do Sur dende unha perspectiva de xénero. O prazo para enviar os artigos remata o día 15 de maio.


Concerto solidario para cambiar de papel con \"Sés\"

Mércores, 18 de abril de 2012

O 18 de abril poderedes gozar da música en directo co concerto solidario de María Xosé Silvar “Sés” e Tito José Calviño. O acto terá lugar na Sala Sonar (Rúa Mazarelos 4-5), en Compostela, ás 23.30 horas.


Aínda non cambiaches de papel? Faite voluntari@ de Implicadas!

Dende o 11 de abril de 2012 ata o 30 de abril de 2012

se eres unha persoa creativa, responsable, crítica e consciente das desigualdades norte-sur e de xénero, non o dúbides: CAMBIA DE PAPEL E FAITE VOLUNTARIA/O!!


6 eventos - páxina 1 de 21 2 seguintes »

Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com